Skip to main content

Aberta todo o ano Detrás da cámara: imaxes do outro

Imaxe da exposición

Fotografías de Pedro A. López Suárez nos anos 60 do pasado século.

Pedro A. López Suárez é membro da Sociedade Fotográfica da Coruña. No ano 1963, con dezaoito anos, acada o 1º e o 3º premio no Salón de Noveles de dita sociedade, dando inicio a un elenco de galardóns entre os que destacan os obtidos no II Salón Rexional Circulante, Foto do Mes da Sociedade Fotográfica da Coruña, Salón de Primavera do Banco Hispano Americano e a Real Sociedad Fotográfica de Madrid, I Salón Ibérico e III Nacional da Agrupación Fotográfica de Compostela, III Concurso de Diapositivas Concello da Coruña, VII Concurso de Diapositivas Concello da Coruña... A exposición invita a un percorrido que fala do espazo urbano en crecemento, grazas á incorporación á cidade da poboación sobrante no agro que se integra paseniñamente na nova conxuntura económica e social. Pedro A. López Suárez achégase ao «milagre económico español» tralo que se agocha unha sociedade marcada polos desequilibrios sociais e o desarraigo dalgúns dos protagonistas do éxodo rural. A espontaneidade da súas fotografías de rúa fan hoxe do seu fondo unha fonte documental para achegarse á sociedade dos anos sesenta a través dunha lectura dende a Historia ou dende a Antropoloxía.