Skip to main content

Do 13 ao 26 de maio Día dos Museos. A escola tamén é sostible

O Museo Pedagóxico de Galicia celebra un ano máis o Día Internacional dos Museos, que este ano ten por lema Museos para unha sociedade sostible.

O museo aproveita o marco da celebración para presentar ao público a mostra A escola tamén é sostible, unha pequena exposición de materiais didácticos relacionados directamente, ou de xeito transversal, co tema da sustentabilidade.