Do 28 de xuño ao 16 de setembro do 2018 Construcións e Toys

Museo Granell

A Fundación Eugenio Granell organizou esta exposición en colaboración co Museo de Arte Contemporánea Esteban Vicente de Segovia. O afán das dúas institucións é establecer unha conexión entre a obra tridimensional de Eugenio Granell e Esteban Vicente.

A mostra componse de 61 obras mediante as que se crea un diálogo marcado pola preocupación do volume, a cor e a forma.

A través desta iniciativa, a obra dos artistas españois de finais do século XX conéctase na súa produción tridimensional, conformada polas construcións de Granell e os toys de Vicente. As dúas producións presentan un interese lúdico, de xogo, diversión e desinhibición, marcando un interese especial pola luz, a cor e o equilibrio espacial.

A exposición compleméntase cunha selección de debuxos de Granell de posibles proxectos para construcións e cunha colección de colaxes de Esteban Vicente.