Skip to main content

Arte e fotografía da Festa da Istoria

Igrexa da Magdalena

A Asociación Coordinadora da Festa da Istoria, en colaboración co Museo Etnolóxico organiza a Exposición "Arte e fotografía da Festa da Istoria", que se poderá ver na Igrexa da Madalena. A inauguración será o xoves 23 de xuño ás 21.30 h na Igrexa da Madalena, na praza do mesmo nome, ao lado do Museo.

A Festa da Istoria de Ribadavia é unha celebración de Interese Turístico Nacional, e este ano levarase a cabo o 26 e 27 de agosto de 2016.