Skip to main content

Aos ollos de Eduardo Ciclo Outono Fotográfico

Aos ollos de Eduardo

O XXXII Outono Fotográfico ten como lema Identidade / Alteridade. Nesta exposición escolléronse fotografías en branco e negro que ademais de responder a unha exquisita sensibilidade, refliten con obxectividade a vida cotiá das xentes captadas polo fotógrafo, dende unha interesante achega antropolóxica a unha sociedade e a un tempo. 

Eduardo da Costa Teixeira Pinto (Amarante, 1933-2009), comenzou a súa carreira como fotógrafo en 1950, na empresa «Foto Arte», propiedade do seu pai e irmáns, e na que se mantivo sempre. Dende 1953 ten exposto obra na mior parte de Europa, en América do norte (Canadá, Estados Unidos), África (Angola, Mozambique,Cabo Verde) e Oceanía (Australia). Membro de sociedades fotográficas de Porto, Coimbra e Évora, obtivo, entre outros recoñecementos, o Premio Camões no ano 1960. 

Horario: Martes a venres: 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 19:00 h.
Sábados e domingos: 11:30 a 14:00 h.