Skip to main content

The museum

The museum

Está situado en pleno casco histórico de Ribadavia, nun palacete coñecido como Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación. 

Na actualidade, este museo atópase en proceso de remodelación, estando aberto ao público con exposicións temporais centradas no mundo téxtil e a vestimenta, a imaxe e a fotografía manexadas desde unha perspectiva fotoetnográfica, a música popular e outras cuestións ligadas á cultura rural da provincia de Ourense. 

As coleccións reúnen materiais de interese etnográfico das distintas comarcas ourensáns, cun fondo específico da cultura vitivinícola, que formará no futuro unha sección etnográfica diferenciada con edificio propio.

A tipoloxía de fondos custodiados polo museo é ampla e variada, preferentemente obxectos procedentes sobre todo do contexto rural e tamén do urbano anteriores á introdución dos medios de produción industrial. Tamén forman parte importante dos fondos os  arquivos orais e audiovisuais e un notable fondo documental, cunha inxente cantidade de imaxes fotográficas relativas na súa meirande parte á vida e historia da comarca do Ribeiro.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia é de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia

https://museoetnoloxicoribadavia.xunta.gal

Rúa Santiago, 16
32400, Ribadavia

Tlf. +34 988 788 720
Fax +34 988 470 961

mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal

Timetable

De martes a sábado: de 10:00 a 20:00 h
Domingos, luns e festivos: pechado

Admission

Entrada gratuíta